Thursday 02 de May de 2024

A Unión de Consumidores de Galicia premia o traballo da Escola Infantil San Paio de Vigo e do Centro de Menores Dignidad de Ferrol


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á entrega de premios do certame ‘O teu desexo para 2023’, organizado pola Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude e Carrefour. Este é o terceiro ano que ten lugar esta iniciativa dirixida a dinamizar a actividade que se desenvolve en centros de protección de menores e escolas infantís.

Nesta edición foron galardoadas a aula 5 da escola infantil San Paio de Vigo e o traballo dun usuario da Casa de Familia Dignidad Ciudad Jardín Ferrol. Os premios consisten nunha tarxeta regalo por valor de 500 euros para a compra de xoguetes e material escolar en calquera establecemento Carrefour de Galicia. O certame deste ano contou coa participación de 51 traballos de nenos e adolescentes de centros de protección, así como de 48 proxectos de aulas de escolas infantís.